Quantcast
Channel: Compostimes » MISCELÁNEA
Viewing all articles
Browse latest Browse all 61

Infancias entre alta costura

$
0
0
IMG_20160905_000432

Beyoncé dándolle a man a súa filla, Blue Ivy, nos MTV VMA’s 2016 / © popsugar.com

A alta costura leva moito tempo ocupando portadas e columnas nas revistas internacionais e máis trascendentais do mundo da moda. Deseños de Óscar de la Renta, John Galliano ou Donatella Versace son os que portan numerosas veces as estrelas do cine, da música e da televisión. O mundo da moda é cambiante, ambicioso e, ás veces, pode resultar obsesivo. Non só para os adultos, tamén para adolescentes e mesmo para os máis cativos. Todos temos mercado algunha prenda que saia do noso presuposto; gasto que resulta disparatado no caso das celebrities. Moitas delas chegan a obstinarse cos seus estilismos e os dos seus fillos; fenómeno do que xa se teñen decatado distinguidas marcas como Tommy Hilfiger ou Armani, que ofertan líneas explicitamente destinadas ós meniños ricos. Pequenos aos que se lles acostuma a primar o seu aspecto físico; aínda que ás veces a presión sexa tal que rematen amosando o seu descontento ante as cámaras.

IMG_20160906_213645

A pequena Suri Cruise, filla da parella de actores Tom Cruise e Katie Holmes / © zeleb.es

Un dos exemplos máis salientables constitúeo Surie Cruise, filla de Tom Cruise. Aos 5 meses protagonizou a portada do segundo número máis vendido de Vanity Fair. No seu primeiro día de escola presentouse con tacóns, bolso, maquillaxe e blackberry propia; imaxe que impactou aos medios de comunicación que cubrían nese intre a noticia. Actualmente. a pequena de 10 anos ten un forte carácter que se viu reflectido cando despediu a súa profesora de guitarra por “diferenzas creativas”. Ela non é unha excepción no mundo dos big names; Blue Ivy, filla de Beyoncé e Jay-Z, non pasou desapercibida na gala dos MTV VMA’s 2016. A súa nai optou por que Ivy lucise un vestido do célebre diseñador Mischka Aoki xunto cunha coroa de Schwart Lorena e uns zapatos de Giusseppe Zanotti; un outfit que superaba os 13.000 dólares. Ante a presión e o agobio dos focos da alfombra vermella, a nena rogoulle a súa nai marchar do photocall.

IMG_20160906_213730

Willow Smith xunto Karl Lagerfeld tras facer público que sería a nova imaxe da campaña de Chanel / © hola.com

Willow e Jaden Smith non quedan atrás. Ámbolos dous levan chamando a atención da prensa dende moi pequenos cos seus extravagantes estilismos, feito que non pasou inadvertido polo deseñador Karl Lagerfeld. Deste xeito Willow, de tan só 15 anos, acabou firmando o contrato que lle facilitaría ser a nova imaxe de Chanel. A nova fíxoa pública a través dunha foto do seu Instagram acompañada do seguinte comentario: “Grazas Karl Lagerfeld e a todo o equipo de Chanel por expandir a percepción da beleza por escollerme como nova embaixadora de Chanel. É todo un honor”. Jaden, o seu irmán de 17 anos, apareceu recentemente protagonizando a última campaña feminina da exclusiva firma Louis Vuitton, erguéndose como a nova figura do genderless.   

IMG_20160906_214831

Kim Kardashian e a súa filla North West nunha das súas aparicións públicas / © Instagram krazyinlovewithkardashians

Por outra parte tamén destacan as empresarias da popular familia televisiva Kardashian, e máis dende que as irmás Kylie e Kendall se adican á industria cosmética e á pasarela respectivamente. A figura máis célebre, Kim Kardashian, xa ten contratado perruqueiros, un estilista e servicio de manicura para a súa filla, North West, de tan só 3 anos. En total, 4.500 euros mensuais, que se suman aos case 900.000 euros nos que está valorado o seu armario. Nel atópanse bolsos de Hermès, cazadoras de coiro de Ralph Lauren, chaquetas exclusivas de Balmain ou vestidos de Stella McCartney. Aínda que segundo ela o verdadeiro capricho de North son os accesorios: “A ela encántanlle os colares, sobre todo as gargantillas. Encántalle ir conxuntada coa súa nai”. Esa é a razón de que en múltiples ocasións teñan levado a mesma roupa pero en tallas diferentes, acaparando a atención dos paparazzi e dos usuarios das redes sociais.

Aínda non sabemos se os little fashion victims seguirán o camiño marcado polos seus pais; pero é evidente que para a industria da moda é un gran privilexio.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 61

Latest Images

Trending Articles


SUKEINA AALI-TALEB FERNÁNDEZ [16.897]


Por: Ana Quintero


Farruko Ft Mario VI - Asiento de Atras (Acapella)


Daddy Yankee - La Despedida (Acapella + Instrumental) (Original de Estudio)...


Feria del Libro 2024 | Se inaugura el 25 de abril


ÁLEX PORTERO [11.569]


FERNANDA SILIUTO BRIGANTY [16.628]


ISABEL DE CASTRO Y ANDRADE [18.411]


JAVIER VELAZA FRÍAS [19.204]


AKEEM LASISI [20.214]